USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Comezamos o mes de abril coas actividades do Programa CATUXA

03/04/19

O equipo de ReTnova, estivo a comezos desta semana co alumnado do IES Marqués de Sargadelos e do IES Vilar Ponte coas actividades do programa CATUXA. (Ver arriba vídeo dunha das actividades).

Este programa, de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes, promovido pola Mancomunidade da Mariña Lucense, levou ata o IES Marqués de Sargadelos un Taller afectivo-sexual, no cal os alumnos e alumnas de 3º da ESO do concello de Cervo, analizaron os diferentes mitos sobre a sexualidade e as prácticas sexuais.

Ademais, levouse a cabo tamén o taller “Intelixencia emocional, social e habilidades persoais” no mesmo centro co grupo de 4º da ESO e no IES Vilar Ponte do concello de Viveiro, cun novo grupo de 3º da ESO.

Destacar que, durante esta actividade, o alumnado fixo fincapé na importancia de afondar nesta temática para traballar nas súas fortalezas e debilidades.

Agradecemos profundamente a moi boa acollida e apoio en ambos os dous centros e de forma especial ao alumnado pola súa participación e os seus testemuños.

A semana que ven continuaremos coa nosa andaina do programa CATUXA!

Pódese seguir a actualidade do Programa CATUXA en Instagram e en Facebook, cuxo perfil é @programacatuxa.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602