header-cookies1 header-cookies2

Novas

Continuamos con el proyecto

Continuamos co proxecto REDMAY

06/06/2019 18:08

O pasado mes de maio tivo lugar a presentación do proxecto REDMAY a traballadores e traballadoras sociais dos concellos seleccionados para a execución das principais liñas de actuación que se desenvolverán durante os próximos meses no marco deste programa de Cooperación Interreg España-Portugal.

Durante este acto de presentación, explicouse con detalle o contido das diferentes accións e servicios que se están a poñer en marcha e aclaráronse dúbidas e consultas das persoas asistentes.

Neste momento, o equipo de ReTnova, logo de rematar a análise cualitativa do “Estudo de campo e análise para a definición de liñas estratéxicas en materia de habitabilidade e adaptación de estruturas e servizos destinados ás persoas de 55 anos e máis”, atopámonos inmersas na análise cuantitativa, a través da cal analizaremos as necesidades en materia de servizos dos municipios rurais, e poderemos definir, finalmente, as liñas estratéxicas neses ámbitos.

Seguiremos informando da evolución deste estudo, impulsado dende a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e no que participan a Cámara Municipal de Braga e a Universidade de Vigo.

Podedes atopar máis información sobre o proxecto na súa páxina web: https://redmay.eu/

Compartir en

← Atrás