USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Os IES do Concello de Burela acollen ao programa CATUXA

03/05/19

O equipo de ReTnova estivo ao longo desta semana no IES Monte Castelo, co alumnado de 4º da ESO e PMAR, e no IES Perdouro, co alumnado de 3º da ESO, para levar a cabo a actividade do Programa CATUXA “Intelixencia emocional, social e habilidades persoais.

Coa realización dun total de cinco sesións deste taller nos dous centros educativos públicos do Concello de Burela, o programa CATUXA, de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes promovido pola Mancomunidade da Mariña Lucense, chegou esta semana a máis de 100 mozos e mozas de entre 14 e 16 anos.

Tanto o alumnado como o profesorado de ambos centros, valoraron positivamente e demandaron de maneira aberta mais recursos deste tipo para o coñecemento e mellora da xestión das súas emocións.

A sensación logo desta actividade foi de satisfacción pola gran resposta do alumnado e o interese mostrado.

Pódese seguir a actualidade do Programa CATUXA en Instagram e en Facebook, cuxo perfil é @programacatuxa.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602