header-cookies1 header-cookies2

Quen
somos?

ReTnova Proxectia Consulting S.L. é unha empresa de consultoría especializada no ámbito social, de xénero e na asistencia técnica na planificación, execución e avaliación de políticas públicas. Aposta pola renovación e mellora continua da súa clientela a través de solucións innovadoras e de calidade baseadas nunha forma de traballo “a medida”.

O noso compromiso

  • Ofrecer servizos de investigación social, planificación, avaliación, formación e consultoría en áreas diversas como servizos sociais, igualdade de xénero, emprego, educación, servizos sanitarios, recursos humanos, responsabilidade social e calidade.
  • Para contribuír á xestión do coñecemento, aplicación de políticas e desenvolvemento social sostible.

Equipo

Da man de profesionais con ampla experiencia no sector, ReTnova conta cunha rede de persoas expertas para responder de forma multidisciplinar e creativa ás necesidades da organización cliente. O seu obxectivo: abordar cada proxecto cunha visión integral e coa especialización requirida para proporcionar unha solución a medida, áxil e comprometida coa igualdade e a diversidade.