header-cookies1 header-cookies2

Asistencia técnica en políticas públicas

Resposta adaptada ás necesidades específicas das administracións e axentes involucrados na execución de políticas públicas.

Asistencia técnica para o deseño, planificación e avaliación de políticas públicas

Coa fin de dar resposta ás crecentes esixencias da sociedade, que non só espera unha oferta de servizos suficiente senón tamén de calidade, as administracións públicas e organizacións sociais deben estar en continuo proceso de deseño, posta en marcha e avaliación das súas políticas públicas, particularmente no ámbito social.

ReTnova colabora coas distintas administracións e entidades intermedias, así como co terceiro sector, ofrecendo diversos servizos sempre desde a perspectiva do respecto á igualdade de oportunidades e a xestión da diversidade:

  • Asesoramento para a planificación estratéxica e programación de políticas públicas.
  • Deseño de plans e programas de intervención en diferentes ámbitos: servizos sociais (discapacidade, dependencia, familia, infancia, persoas maiores, inclusión social…) e sociosanitarios, formación, emprego.
  • Avaliación de plans e programas de intervención.
  • Avaliación de novas formas de atención, de coidados, de prevención...
  • Elaboración de sistemas de indicadores.
  • Impulso da dinamización e da participación social: grupos de análise, foros de debate, intervención sociocomunitaria.
  • Estratexias Responsabilidade Social Empresarial-RSE para as administracións e organizacións colaboradoras.
  • Elaboración de guías, protocolos de actuación, iniciativas de desenvolvemento normativo.
O noso campo de actuación é extenso, se non ves aquí o que estás buscando consúltanos, seguro que podemos axudarche.