header-cookies1 header-cookies2

Estudos e investigación social

Investigación a medida e novo coñecemento para adiantarnos aos acontecementos e optimizar os recursos e toma de decisións.

Estudos e investigación social

O coñecemento da realidade social facilita a toma de decisións e unha adecuada planificación das intervencións. Investigar é crear novo coñecemento.

O equipo profesional de ReTnova conta cunha sólida traxectoria na realización de estudos e investigacións sociolóxicas aplicadas a través do uso de métodos cuantitativos e cualitativos que permiten unha análise exhaustiva e individualizada da realidade social obxecto de estudo en áreas moi diversas:

Áreas de investigación:

  • Xénero (de forma específica e como transversal noutras áreas).
  • Saúde pública.
  • Saúde laboral.
  • Servizos sociais.
  • Formación e educación.
  • Emprego e inserción laboral.
  • Opinión pública e política.
  • ...

A tipoloxía de estudos abarca:

  • Estudos sectoriais.
  • Diagnóstico de necesidades.
  • Estudos de calidade- enquisas de satisfacción.
  • Estudos de mercado.
  • ...

As principais técnicas:

  • Enquisas.
  • Explotacións estatísticas.
  • Entrevistas en profundidade.
  • Grupos de discusión.
  • Grupos focais.
  • Historias de vida.
  • Delphi.

Adaptándonos ás necesidades da nosa clientela, proporcionamos servizos para o desenvolvemento de investigación en todas ou nalgunhas das súas fases: deseño de metodoloxías, realización do traballo de campo, análise de informacións cuantitativas e cualitativas e elaboración de informes de resultados.

O noso campo de actuación é extenso, se non ves aquí o que estás buscando consúltanos, seguro que podemos axudarche.