header-cookies1 header-cookies2

Formación

A formación como mellor instrumento para mellorar as capacidades persoais e organizativas.

Formación

Deseñamos e implementamos accións formativas que permiten obter o conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes para abordar procesos de cambio e de mellora social e organizacional.

Dispoñemos dun catálogo de formación para diferentes niveis e públicos, en modalidade presencial e en liña segundo as necesidades de cada cliente e da sociedade actual, sen esquecernos de ningún colectivo.

Entre os produtos que ofrecemos cómpre sinalar:

  • Deseño de contidos formativos.
  • Elaboración de materiais.
  • Impartición en modalidade presencial, en liña ou mixta.
  • Análise e avaliación da formación.
Son moi diversas as materias obxecto de formación por parte de ReTnova, así como amplo o noso campo de actuación neste ámbito. Consúltanos para formular a túa necesidade ou demanda.