header-cookies1 header-cookies2

Xénero

A igualdade de xénero ha de ser unha realidade vivida na que se impliquen tanto mulleres como homes.

Igualdade de xénero

Somos especialistas no tratamento e aplicación da perspectiva de xénero, igualdade entre mulleres e homes e na xestión integral de proxectos na materia. Desde ReTnova contribuímos a estudar e instaurar actitudes que melloren a calidade de vida das persoas e favorezan o empoderamento das mulleres, sempre desde a consideración da súa diversidade. Deseñamos, asesoramos, executamos e avaliamos proxectos de:

  • Diagnóstico de xénero, investigación e análise da igualdade/desigualdade entre mulleres e homes en diferentes sectores e sobre as características da participación das mulleres en diferentes ámbitos sociais.
  • Plans de igualdade e de transversalidade de xénero para institucións públicas e empresas.
  • Integración da perspectiva de xénero e do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas políticas públicas (inclúe orzamentos con enfoque de xénero), na xestión de recursos humanos, no deseño de estratexias de responsabilidade social empresarial…
  • Estudos de impacto de xénero.
  • Elaboración e aplicación de indicadores de xénero.
  • Elaboración de materiais relacionados coa igualdade de xénero, en xeral e, especificamente, coa violencia de xénero: guías, manuais, informes, protocolos e itinerarios de coordinación en violencia de xénero.
  • Formación especializada dirixida a promover o equilibrio de xénero en todas as súas vertentes e ámbitos.
  • Deseño e aplicación de accións de sensibilización e concienciación, así como de empoderamento coas mulleres.
  • Elaboración/deseño de medidas de conciliación da vida persoal e profesional e estudo sobre o nivel de implementación.
O noso campo de actuación é extenso, se non ves aquí o que estás buscando consúltanos, seguro que podemos axudarche.