USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Perspectiva de xénero no CITMAga

18/10/24

En Retnova atopámonos agora inmersas na impartición de varias sesións formativas para sensibilizar e capacitar ao persoal do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) sobre a importancia de integrar o enfoque de xénero tanto na organización como en todas as etapas de desenvolvemento dos  seus proxectos.

Esta acción formativa nace dunha das medidas enmarcadas dentro do Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do CITMAga 2023-2027.

Durante as primeiras sesións formativas, ademais de explicar conceptos básicos relacionados coa igualdade de xénero, e os contidos e implicacións do plan de igualdade, púxose en común, entre outros temas, como a falta desta perspectiva de xénero perpetuou historicamente nesgos que invisibilizan as experiencias e necesidades das mulleres, a importancia de utilizar unha linguaxe non sexista etc.  

A pesar dos seus beneficios, a incorporación da perspectiva de xénero na investigación non está exenta de desafíos. Aínda existen resistencias nalgunhas áreas de coñecemento, onde se percibe o xénero como un tema "alleo" ou "innecesario". Este é un obstáculo que debemos enfrontar a través da concienciación e da demostración do valor engadido que este enfoque achega á ciencia.

Con esta iniciativa, refórzase o compromiso do CITMAga de promover a creación de coñecemento con perspectiva de xénero, rigorosa e libre de nesgos que impacte de maneira positiva na sociedade.

A formación en perspectiva de xénero non só é unha cuestión de xustiza social, senón tamén de excelencia científica. Seguiremos con esta acción formativa durante as vindeiras semanas!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602