descripcion de imagen

Reforzando o apoio con visión de futuro

29/07/25

Un dos proxectos que temos actualmente en marcha en Retnova é a realización do estudo diagnóstico e do Plan integral de actuación para a renovación e o impulso dos CIM de Galicia.

Neste primeiro semestre do ano estivemos traballando na primeira fase do proxecto: o estudo diagnóstico previo. Este traballo é esencial para comprender en profundidade as características, necesidades e evolución da demanda destes Centros de Información á Muller, que desempeñan un papel fundamental no apoio e acompañamento das mulleres na nosa comunidade.

Para garantir un achegamento rigoroso e completo, utilizamos unha metodoloxía mixta que integrou ferramentas cuantitativas e cualitativas. Realizouse unha consulta telemática a todos os concellos galegos, así como entrevistas en profundidade e grupos focais. Este enfoque permitiu obter unha visión global e enriquecida da situación dos Centros de Información á Muller de Galicia.

A partir dos resultados deste estudo, formularanse actuacións específicas que se integrarán no plan integral de actuación para a renovación e o impulso dos Centros de Información á Muller de Galicia.

Dende Retnova, queremos expresar o noso agradecemento á Dirección Xeral de Promoción da Igualdade pola confianza depositada en nós para levar a cabo este proxecto tan relevante, que reforza o noso compromiso coa promoción da igualdade e coa construción dun modelo social máis equitativo, atento ás necesidades reais das mulleres e orientado ao benestar colectivo.

 

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602

 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

MÁIS INFORMACIÓN