USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

2ª Edición da formación ESPAZO 4.0

13/09/21

Tal e como anunciamos hai uns días, dende ReTnova estamos impartindo no mes de setembro un curso en modalidade telepresencial sobre cuestións básicas de internet, administración electrónica, ciberseguridade e recursos dixitais de promoción da igualdade e prevención da violencia.

O pasado venres dábamos a benvida ás participantes da 2ª edición, que inician esta formación entusiasmadas por adquirir novos coñecementos que potencien as súas posibilidades de inserción social e laboral e a súa autonomía persoal.

A súa vez, mañá clausuraremos a 1ª edición polo que, en nome de todo o equipo, queremos dar as grazas a todas as mulleres que participaron nela polo seu compromiso e a súa entrega.

Por suposto, novamente agradecemos esta oportunidade á Mancomunidade de Ordes, por facernos partícipes dunha iniciativa coa que contribuímos a reducir a fenda dixital de xénero e a que as mulleres coñezan ferramentas para o seu empoderamento.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602