USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

8 de Marzo, Día Internacional da Muller 2021

08/03/21

Un ano máis, desde ReTnova sumámonos a reivindicación dos dereitos das mulleres que se conmemora cada 8 de marzo no Día Internacional da Muller.

Nun tempo marcado pola pandemia do coronavirus demostrouse, unha vez máis, que as mulleres son esenciais para soster a vida nos fogares,  hospitais, residencias... e púxose de relevo, as cargas desproporcionadas que soportan nos coidados, a precariedade dende a cal desenvolven, en moitos casos, o seu traballo, a persistencia da brecha salarial... e outros obstáculos que se viñeron sumando aos que xa existían antes da pandemia e que impiden a participación, o trato e o liderado das mulleres en condicións de igualdade.

Por todo isto, desde a nosa liña de actividade dedicada á igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero, contribuímos a estudar e instaurar accións que melloren a calidade de vida das mulleres e favorezan o seu  empoderamento, apostando polo seu dereito na toma de decisións en todas as esferas da vida, a igual remuneración, a corresponsabilidade e a fin de todas as formas de violencia contras as mulleres e nenas.

ReTnova continúa traballando cada día por un cambio transformador en favor dun futuro igualitario para mulleres e homes.

Co compromiso de todas e todos, conseguirémolo!

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602