USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

A-BANEANDO as violencias machistas

26/04/23

O equipo de RETNOVA segue traballando para promover a igualdade e previr a violencia de xénero na comunidade educativa da man do concello de Santiago de Compostela.
 
Nesta ocasión, achegamos ao alumnado de Secundaria do IES de Sar o xogo A-BANEANDO as violencias machistas. Este recurso didáctico busca que rapaces e rapazas detecten diferentes formas de discriminacións e violencia de xénero e identifiquen os mitos en relación á violencia de xénero e ao amor romántico.
 
O xogo é unha das máis recentes accións da campaña COMPigual, xunto coa elaboración da Guía dixital de recursos didácticos para a igualdade: receitas coeducativas, dirixida ao profesorado.
 
Desde RETNOVA afirmamos así o noso compromiso coa igualdade, especialmente no ámbito educativo, ao entender que a formación e a concienciación neste campo son básicas para conseguir unha sociedade de futuro máis equitativa.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602