28/04/22
Retnova comezou a colaboración co CIM da Estrada cun proxecto financiado a cargo dos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.
O dito proxecto inclúe varias accións, entre as que se atopa a realización de talleres para todo o alumnado de 2º da E.S.O dos Centros Educativos do Concello. Este martes comezamos no IES Antón Losada Diéguez e no IES Nº1 da Estrada con esta actividade, na que se favorece un espazo de aprendizaxe interactivo e vivencial onde reflexionar sobre o uso responsable das redes, a sobreexposición e as formas de violencia exercidas a través dos medios dixitais.
O alumnado foi quen de recoñecer e establecer límites nas relacións de parella e identificar os sinais de alarma dunha relación desigual e con maltrato. Resulta moi interesante ver como a rapazada está adoptando novos termos como “red flag”, que lles axudan a nomear e reflexionar sobre as actitudes e comportamentos que non se deben aceptar.
Seguimos pola Estrada...
Compartir en
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021