USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Abordaxe da violencia de xénero dende o ámbito educativo

30/01/23

Recentemente demos comezo  ao primeiro curso en liña deste ano 2023: “Abordaxe da violencia de xénero dende o ámbito educativo”.

O obxectivo desta acción formativa é formar as e os profesionais do ensino para favorecer unha mellora do seu labor educativo, en clave de igualdade de xénero, como medio de prevención eficaz da violencia exercida contra as mulleres.

A través deste curso o profesorado adquirirá ferramentas para traballar na prevención da violencia de xénero e estratexias coeducativas para previr a desigualdade.

Esta actividade está inserida no marco das accións formativas da Plataforma de Teleformación de Galicia (PLATEGA) da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade (da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia).

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602