USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Acompañamento social e apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero

28/09/21

Esta semana demos a benvida ao alumnado participante nun novo curso en liña de cuxa elaboración de contidos e titorización se ocupa RETNOVA.  O curso  “acompañamento social e apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero”, está inserido no Plan de formación da EGAP-2021, e impartido a través da súa aula virtual.

A través desta formación coñecerán as ferramentas necesarias para acompañar e apoiar as mulleres que son vítimas deste tipo de violencia.

En ReTnova somos conscientes da dificultade que representa para moitas mulleres saír dunha situación de violencia de xénero, por iso estamos moi contentas de contribuír á capacitación das e dos  profesionais para prestarlles un apoio e un acompañamento social de calidade.

Moitas grazas á EGAP pola oportunidade que nos concedeu para poñer en marcha este novo curso!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602