USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Apoiamos a inclusión das persoas con discapacidade

04/12/23

Como cada ano dende 1992, o 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Esta conmemoración ten por obxectivo dar voz e visibilidade ás persoas con discapacidade, promovendo valores como a empatía, a comprensión e o respecto.

Dende o convencemento de que a inclusión é a chave para construír un mundo realmente igualitario, en RETNOVA traballamos cada día para romper as barreiras sociais e actitudes que, a miúdo, limitan o acceso e a participación plena na vida cotiá das persoas con discapacidade.

Mostra disto son os diversos traballos que levamos a cabo neste eido como a formación en materia de discapacidade, os instrumentos de planificación, os estudos e investigacións que permiten coñecer a realidade da discapacidade en todas as súas manifestacións etc.

Concretamente, nestes últimos meses estamos inmersas no proceso de elaboración do I Plan Municipal de Saúde Mental do Concello da Coruña. No marco deste traballo desenvolvemos diversas accións que deron lugar á configuración de espazos para a reflexión e o debate que permitiron que as entidades, as persoas expertas e as propias persoas con problemas de saúde mental trasladaran as súas achegas ao proxecto: mesas de traballo coa comisión permanente do Consello Local de Saúde do Concello da Coruña, entrevistas en profundidade a persoas expertas e profesionais, grupos de discusión nos que se lles deu voz ás persoas con problemas de saúde mental etc.

Continuamos creando conciencia e celebrando a diversidade para construír un futuro sobre os cimentos da igualdade de oportunidades e do respecto mutuo.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602