USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Aprobado o Plan de igualdade de CITMAga

08/06/23

Concluímos recentemente os traballos de apoio técnico ao Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) para a elaboración do seu primeiro Plan de igualdade entre mulleres e homes.

Con este plan, CITMAga afianza o seu compromiso coa igualdade de xénero e o impulso dunha maior presenza e posicionamento das mulleres no ámbito científico e tecnolóxico.

Grazas a este plan, a perspectiva de xénero impregna as distintas dimensións da actividade do Centro; dunha banda, no ámbito externo, vaise reforzar a aposta de CITMAga pola incorporación e a visibilización das mulleres no ámbito STEM, a través de distintas accións de proxección exterior e do fortalecemento das colaboracións que xa viña desenvolvendo con outros axentes sociais para o fomento das vocacións femininas.

No plano interno, o Centro realiza unha clara aposta pola aplicación transversal do enfoque de xénero e do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na organización, para favorecer o acceso e o avance na carreira profesional en condicións de igualdade e eliminar outros posibles desequilibrios nas condicións laborais; sen esquecer a importancia de seguir avanzando na dimensión da conciliación corresponsable, para que traballadoras e traballadores poidan compatibilizar cada vez mellor a vida privada co desempeño laboral.

Queremos agradecer á Dirección de CITMAga esta oportunidade de colaboración e a confianza depositada no noso equipo.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602