USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

As primeiras sementes da igualdade

22/11/23

A integración de accións relacionadas coa igualdade na primeira infancia e no contexto familiar é esencial para que nenas e nenos asimilen este valor. Esta é a clave baixo a que se desenvolven propostas como o taller As primeiras sementes de Igualdade, que Retnova ven de realizar no Concello de Rodeiro nas últimas semanas.

Esta acción, cofinanciada pola Deputación de Pontevedra, busca fomentar a parentalidade positiva e igualitaria a través de distintas sesións presenciais para familias con menores que acoden ao Punto de Atención á Infancia da localidade e/ou estean facendo Educación Infantil. O obradoiro serviu para traballar novas pautas educativas cunha perspectiva de xénero e identificar prácticas sexistas, promover o papel da unidade familiar no desenvolvemento igualitario e facilitar recursos para pais e nais no fomento destes valores.

As nais e pais asistentes realizaron, coa guía dunha formadora experta en xénero e graduada en psicoloxía do equipo de Retnova, dinámicas grupais e participativas. A través delas púidose afondar nas súas dúbidas e preocupacións, ademais de expoñer materiais audiovisuais cos que retratar o nesgo de xénero. Mediante esta metodoloxía favorécese a sensibilización e a identificación dos estereotipos que subsisten e a súa influencia nas primeiras etapas da vida, xunto co rol que xoga unha parentalidade inclusiva no desenvolvemento das crianzas.

Nas sesións levadas a cabo conformouse un grupo diverso e plural. Isto contribuíu de forma positiva ao taller, a través das aportacións e experiencias de persoas de distintas nacionalidades.

O traballo coa rapazada e a mocidade resulta esencial para a conformación dunha sociedade igualitaria e, nese sentido, achegar estas accións ás familias favorece que crezan nun ambiente receptivo e sensible cara estes valores. Retnova realiza periodicamente talleres, formacións e obradoiros con familias, mocidade e coa comunidade educativa dentro do seu traballo en materia de igualdade de xénero.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602