descripcion de imagen

Avanza o proceso de elaboración do Plan Estratéxico de Discapacidade de Galicia

07/05/26

Continuamos cos traballos de elaboración do novo Plan Estratéxico de Discapacidade de Galicia, un instrumento orientado a definir as prioridades e liñas de actuación das políticas públicas en materia de discapacidade para os vindeiros anos.

Avanzamos coas accións participativas previstas, co obxectivo de garantir que a voz das persoas con discapacidade estea presente no proceso de definición das futuras liñas estratéxicas, a través das entidades que as representan. Este traballo permite incorporar a experiencia, o coñecemento e as achegas do ámbito da discapacidade en Galicia para avanzar cara a un plan útil, realista e aliñado coas necesidades do sector.

Nestes días desenvolvemos sesións de traballo que permitiron identificar retos, necesidades e prioridades desde unha perspectiva plural e conectada coa realidade social da discapacidade. Paralelamente está en marcha a consulta aos departamentos da administración autonómica, co propósito de integrar a perspectiva da discapacidade no conxunto das políticas públicas autonómicas.

O proceso participativo constitúe unha das pezas centrais da elaboración do plan, xa que favorece a incorporación de coñecemento especializado, experiencia práctica e visión compartida arredor dos principais desafíos do ámbito da discapacidade.

Desde Retnova valoramos moi positivamente a implicación e participación das entidades asistentes e continuamos a traballar nas seguintes fases do proxecto, orientadas á definición das liñas estratéxicas e das medidas que conformarán o futuro Plan Estratéxico de Discapacidade de Galicia.

 

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602

 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

MÁIS INFORMACIÓN