Avanzan os traballos do Plan Estratéxico da Mocidade de Compostela
05/05/26
Continuamos cos traballos de elaboración do Plan Estratéxico da Mocidade de Compostela, un proxecto orientado a definir as liñas de actuación en materia de mocidade a curto e medio prazo.
No marco deste proceso, leváronse a cabo mesas de traballo participativas, co obxectivo de incorporar diferentes perspectivas e coñecementos ao diagnóstico e á definición das prioridades do plan.
As mesas reuniron a entidades sociais e profesionais que traballan en contacto directo coa poboación moza, o que permitiu recoller achegas fundamentadas na experiencia e no coñecemento da realidade social da mocidade en Santiago. Ademais, contamos tamén coa participación directa de mozas e de mozo de Compostela, que expresaron as súas necesidades, inquedanzas e propostas en relación co seu presente e co seu futuro na cidade.
Estas sesións constitúen un paso clave na construción dun plan realista e conectado coas demandas da mocidade, ao tempo que reforzan o enfoque participativo que guía todo o proceso.
O proceso inclúe tamén a consulta a diferentes departamentos do Concello. Esta dimensión interna da participación permite aliñar a estratexia coas competencias municipais e garantir que o plan sexa unha ferramenta operativa e coherente co conxunto das políticas locais.
Desde Retnova valoramos moi positivamente o grao de implicación das persoas e departamentos participantes e continuamos a traballar nas seguintes fases do proxecto, de cara á definición das liñas estratéxicas e das medidas.
604 078 903
