USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade na empresa.

19/05/21

Recentemente, saíu publicada no DOG a Orde do 26 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Concretamente, esta convocatoria inclúe unha liña específica para a elaboración e implantación de plans de igualdade nas empresas. Segundo estas bases, as empresas beneficiarias deberán contar como mínimo con 15 persoas traballadoras e cun máximo de 100.

ReTnova, como empresa especializada na elaboración, implantación e avaliación de plans de igualdade, pon os seus servizos a disposición das empresas que desexen presentarse a esta convocatoria, tanto para asesoramento como para a elaboración de orzamentos adaptados ás circunstancias de cada empresa.

Aproveitamos para poñer de manifesto a importancia de implantar medidas de igualdade no ámbito laboral, xa que son múltiples os beneficios que se desprenden desta práctica, tanto na xestión interna da empresa como na sociedade en xeral, polo seu impacto social.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602