Balance dun semestre de formación
22/07/26
Rematamos o primeiro semestre do ano cun balance moi positivo da actividade formativa desenvolvida por Retnova en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e coa Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
Durante estes meses tivemos a oportunidade de titorizar accións formativas dirixidas a perfís profesionais moi diversos, arredor de ámbitos como a igualdade entre mulleres e homes, a prevención e atención da violencia de xénero, os dereitos das persoas con discapacidade, a integración da perspectiva de xénero na práctica administrativa e a intervención das forzas e corpos de seguridade ante distintas manifestacións da violencia machista.
Máis alá dos contidos específicos de cada curso, todas estas accións comparten un mesmo propósito: contribuír á mellora da intervención pública a través da formación, da actualización permanente de coñecementos e da reflexión compartida entre profesionais.
Desde Retnova queremos agradecer á EGAP e á AGASP a confianza depositada en nós para desenvolver estas accións formativas, así como recoñecer a implicación do alumnado, cuxa participación activa enriquece cada edición.
Tras o verán continuaremos coa actividade formativa e seguiremos traballando para contribuír ao fortalecemento das capacidades profesionais ao servizo dunha administración pública máis preparada para responder aos retos sociais actuais.
604 078 903
