USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

BENQUÉRO(ME), unha APP para fomentar o bo trato nas relacións

20/09/22

Hoxe presentamos BENQUÉRO(ME), unha aplicación impulsada polo Concello da Estrada e elaborada por RETNOVA. O seu obxectivo é combater a violencia de xénero e dotar de coñecementos sobre esta materia á poboación adolescente e moza deste concello.

Esta ferramenta, dispoñible en iOs e Android, posibilita a abordaxe e a identificación de indicadores de ausencia de bo trato nas parellas mediante un cuestionario interactivo e ofrece información sobre relacións libres, de igual a igual. Tamén inclúe recomendacións para manter este tipo de relacións e a través dun cuestionario abórdanse algúns mitos que se dan arredor das violencias machistas. Facilita pautas sobre como actuar ante situacións de violencia de xénero e un directorio de recursos cos que contactar e a onde acudir.

Desde RETNOVA agradecemos ao Concello da Estrada a confianza no noso equipo para o deseño desta novidosa app, que atende as necesidades informativas da xuventude para frear condutas machistas, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602