21/06/22
O equipo de RETNOVA acaba de asistir á terceira xuntanza de traballo da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, prestando asesoramento técnico para o seu cometido.
Un dos puntos prioritarios que se trataron foi a redacción dun protocolo de actuación e coordinación contra a violencia de xénero, no que se atopan traballando as organizacións, institucións e departamentos que forman parte da Mesa.
En relación con este protocolo, un dos asuntos que máis preocupan é abordar a peculiaridade do contexto burelés: un Concello rural de 9.428 habitantes (segundo datos do INE 2021), que concentra a día de hoxe ata 40 nacionalidades diferentes.
Encantadas de acompañar ao Concello de Burela para facer realidade o seu compromiso cunha sociedade igualitaria e libre de violencias.
Grazas a todas as entidades/persoas que estiveron presentes e ao concello por seguir confiando en RETNOVA.
Compartir en
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021