USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Certificados de profesionalidade: que son e para que serven

09/06/22

Esta semana demos comezo ao curso en liña “Certificados de profesionalidade: que son e para que serven” que nace do convenio subscrito entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública e que se imparte a través da plataforma virtual da EGAP.

Esta novidosa acción formativa está dirixida ao persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia e ofrece unha visión global e completa sobre os certificados de profesionalidade como vía para a acreditación profesional. O obxectivo principal é que o persoal que traballa neste ámbito, sexa quen de proporcionar ás persoas usuarias dos servizos de emprego, unha información correcta, eficaz e homoxénea sobre os certificados de profesionalidade.

Agradecemos á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a confianza depositada en RETNOVA e a oportunidade brindada para elaborar e titorizar este curso de nova creación.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602