descripcion de imagen

Ciencia en feminino: celebrando o 11 de febreiro

11/02/25

Como cada 11 de febreiro, unímonos á conmeración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2015. O seu obxectivo é recoñecer o papel fundamental que desempeñan as mulleres e as nenas na ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas (STEM), e fomentar a súa participación plena e equitativa nestes campos.

Ao longo da historia, moitas científicas realizaron contribucións extraordinarias, aínda que os seus logros non sempre recibiron o recoñecemento merecido. Figuras como Marie Curie, Rosalind Franklin, Ada Lovelace e Katherine Johnson abriron o camiño, pero aínda persisten barreiras que limitan o acceso e a permanencia das mulleres en carreiras científicas.

En Retnova creemos firmemente que a diversidade enriquece a investigación e aporta novas perspectivas, por iso traballamos en diferentes proxectos co obxectivo de visibilizar os desafíos existentes e reflexionar sobre a necesidade de eliminar estereotipos de xénero, crear espazos máis inclusivos e ofrecer referentes positivos que inspiren ás novas xeracións de nenas. Nos últimos meses, por exemplo, colaboramos co Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) para incidir na importancia de integrar o enfoque de xénero tanto na organización como en todas as etapas de desenvolvemento dos seus proxectos, traballamos con alumnado de centros educativos e con persoal da administración pública na ruptura de esterotipos de xénero etc.

Este 11 de febreiro, celebremos os logros acadados e renovemos o compromiso de construír un futuro onde a ciencia sexa un espazo para todas e todos.

Inspiremos, apoiemos e construamos un mundo máis inclusivo na ciencia!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602

 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

MÁIS INFORMACIÓN