USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Comezamos a formación en liña para a EGAP

13/04/21

Recentemente iniciamos á formación en liña para a Escola Galega de Administración Pública da Xunta de Galicia, enmarcada no seu Plan de formación para o ano 2021. Concretamente comezamos co curso sobre a “Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social”.

Esta acción formativa, dirixida ao persoal da administración pública, está composta por tres módulos a través dos cales se realiza un percorrido polo marco contextual e conceptual da lei, os dereitos e obrigas que recolle e o sistema de infraccións e sancións nesta materia. O seu obxectivo principal é formar a profesionais na defensa, recoñecemento e protección dos dereitos das persoas con discapacidade.

Damos grazas á EGAP por confiar un ano máis en ReTnova para a titorización dos seus cursos neste novo Plan de formación.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602