12/09/25
Esta semana retomamos na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o curso “A integración da perspectiva de xénero na práctica administrativa: nivel medio”, tras a pausa do verán.
Trátase dunha formación deseñada para afondar na importancia de incorporación da perspectiva de xénero no traballo cotián das administracións públicas, co obxectivo de contribuír a unha xestión máis consciente, equitativa e en sintonía coa realidade social actual.
Ademais, demos comezo a unha nova edición do curso: “Acompañamento social e apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero”, a través do cal ofrecemos ferramentas prácticas e teóricas para mellorar a atención e o acompañamento a mulleres en situación de violencia de xénero. Unha formación que pon o foco na intervención profesional desde unha perspectiva integral, ética e comprometida coa defensa dos dereitos das mulleres e a súa protección.
Proximamente daremos comezo a novos cursos tanto na EGAP como na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
En Retnova apostamos pola calidade dos contidos e polo aplicación de metodoloxías que favorezan a reflexión crítica e o impacto real na práctica profesional. A formación que ofrecemos procura sempre responder ás necesidades e retos actuais, tanto no ámbito da administración pública como noutros sectores. Neste sentido, desenvolvemos tamén accións formativas adaptadas a empresas, entidades do terceiro sector, asociacións, centros educativos e outros colectivos que buscan mellorar as súas competencias profesionais e integrar enfoques clave nas súas prácticas cotiás. As nosas propostas formativas abordan outras temáticas como, a avaliación e deseño de proxectos, a xestión emocional, o traballo en equipo, o uso dunha linguaxe inclusiva ou a lexislación vinculada ao ámbito social, ademais das xa mencionadas en materia de igualdade de xénero e de prevención e intervención fronte ás violencias machistas.
Con cada proxecto formativo reafirmamos o noso compromiso cunha sociedade máis consciente, igualitaria e preparada para afrontar os desafíos do presente e construír un futuro mellor.
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2025