07/09/23
Conscientes das necesidades de formación continua das empregadas e empregados públicos da nosa Comunidade Autónoma, a Escola Galega de Administración Pública encomendounos unha vez máis a titorización dos cursos “Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero” (do que se realizarán varias edicións neste semestre), e “Acompañamento social e apoio as mulleres que sofren violencia de xénero”. Ademais, proximamente daremos comezo ao curso “Ciberviolencias sexistas. Novos espazos para a violencia de xénero”.
O impulso da formación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero constitúe unha das liñas estratéxicas do Plan de Formación da EGAP-2023. Desta maneira, contribúese a que a Administración Pública de Galicia sexa parte activa no avance pola erradicación da violencia de xénero e a consecución dunha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
Agradecemos unha vez máis a confianza da EGAP no noso equipo e, por suposto, a todo o alumnado matriculado nos cursos mencionados; protagonistas indiscutibles deste necesario cambio social.
Grazas!
Compartir en
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021