descripcion de imagen

Comprometidas coa saúde e co benestar

14/06/24

Logo dun ano de intenso traballo do noso equipo, damos por finalizado a elaboración do I Plan municipal de saúde mental do Concello da Coruña. Onte publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, logo de ser aprobado en Xunta de Goberno Local o pasado 29 de maio.

Entender e tratar os factores que inciden na saúde mental é crucial para a súa abordaxe; por iso, a elaboración deste plan partiu dun enfoque metodolóxico participativo, baseado na recompilación, consulta e contraste de propostas de actuación entre os diferentes axentes que operan neste ámbito e entre unha mostra de persoas con problemas de saúde mental.

Toda esta información recadada serviu de base para o deseño das accións de prevención, de intervención e de apoio que nel se recollen. O obxectivo destas medidas é proporcionar ás persoas con problemas de saúde mental do municipio as ferramentas e recursos necesarios para manter un benestar psicolóxico óptimo.

O Plan de Saúde Mental conta tamén cun mapa de recursos que inclúe información sobre as distintas entidades e recursos existentes na cidade da Coruña. 

Fomentar a saúde mental non é só unha responsabilidade individual, senón que afecta a toda a sociedade.

Pechamos este traballo moi contentas por formar parte desta iniciativa grazas á aposta do Concello da Coruña por investir na promoción da saúde mental.

Seguimos traballando nesta liña, comprometidas co benestar social: non hai saúde sen saúde mental!

 

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602

 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

MÁIS INFORMACIÓN