USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Concurso de vídeos de TikTok

08/10/21

Recentemente puxemos en marcha un novo proxecto que presentamos ao Concello de Sanxenxo e que aceptou levar a cabo. Trátase dun concurso de vídeos de TikTok orientado á prevención da violencia de xénero e das violencias machistas dixitais entre a mocidade. Concretamente, esta acción diríxese ao o alumnado de 3º e 4º da ESO dos centros de Educación Secundaria Obrigatoria do municipio.

Neste momento, atopámonos na primeira fase deste concurso que consiste nunha intervención de impacto de carácter formativo, centrada na análise crítica de conceptos básicos sobre a (des)igualdade de xénero e as violencias machistas, con especial atención sobre a violencia de xénero a través de Internet e as redes sociais. Ademais, estas sesións serven para presentar o concurso e as bases deste ao alumnado e motivalo a participar.

Esta actividade busca achegarse á realidade do alumnado e ás súas canles habituais de comunicación coa utilización das novas tecnoloxías, e fomentar que se impliquen nesta iniciativa.

Dende ReTnova estamos moi entusiasmadas con este novo proxecto que involucra de cheo ao alumnado na creación de mensaxes igualitarias, fomentando a súa autonomía e o pensamento crítico.

Manifestamos o noso agradecemento ao concello de Sanxenxo e aos centros educativos pola súa acollida.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602