USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Concurso "TIKTOK POLA IGUALDADE"

14/03/23

En RETNOVA seguimos traballando en favor da igualdade. Levamos varias semanas cun novo proxecto orientado á promoción da igualdade de xénero e á prevención da violencia de xénero. Trátase do concurso TIKTOK POLA IGUALDADE impulsado dende a Concellería de igualdade do Concello de Pontevedra.

O concurso, dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO dos centros educativos do concello, ten por obxectivo potenciar a reflexión e a concienciación entre as e os adolescentes en materia de igualdade entre mulleres e homes e violencias machistas, á vez que se estimula a súa capacidade creativa.

A mocidade interesada en participar pode consultar ás bases completas do concurso na páxina web municipal e enviar o seu vídeo antes do 20 de abril.

Seguiremos nestes días informando sobre os avances deste proxecto a través do perfil de Tiktok do concurso @igualdade.pontevedra.

Moitas grazas ao Concello de Pontevedra por esta oportunidade!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602