08/03/23
Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Muller e, como cada ano, en RETNOVA non queremos deixar pasar a oportunidade de reafirmar o noso compromiso coa igualdade real de oportunidades, de trato e de recoñecemento entre mulleres e homes.
Traballamos día a día co obxectivo de eliminar as barreiras, discriminacións e a violencia contra as mulleres, e promover o seu apoderamento e autonomía en todos os ámbitos.
Proba disto son os múltiples proxectos que vimos desenvolvendo no último ano: talleres en centros educativos e con poboación adulta, apoio técnico para o desenvolvemento de Mesas Locais de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, actividades formativas, plans de igualdade en entidades públicas e privadas, dinamización de stands informativos, campañas de sensibilización, xornadas, materiais enfocados á prevención da violencia de xénero e á promoción da igualdade (guías, protocolos, informes...), accións de sensibilización e apoderamento...
Así mesmo, como empresa consultora especializada en xénero asumimos a responsabilidade de introducir a perspectiva de xénero en todos os nosos proxectos de investigación, formación, planificación estratéxica e avaliación de políticas públicas etc.
Seguimos traballando día a día para acadar unha sociedade xusta, libre de violencias, inclusiva e igualitaria.
Compartir en
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021