USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Continuamos con plans de igualdade nas empresas

10/12/21

Unha das liñas  de actividade de RETNOVA é a elaboración de plans de igualdade tanto para organizacións públicas como privadas. Seguimos traballando para contribuír á igualdade no seo das empresas.

Nos últimos meses iniciamos tres novos plans de igualdade para pemes galegas, dous deles xa finalizados e outro en proceso.

Este instrumento de planificación ofrécelles ás organizacións numerosas vantaxes entre as que destacan o aumento da produtividade grazas á optimización dos recursos humanos, á mellora do clima laboral e da súa imaxe fronte á clientela e a sociedade en xeral. Ademais, para as empresas privadas, achega grandes vantaxes competitivas no establecemento de contratos coas administracións públicas.

Dende RETNOVA estamos encantadas e agradecidas por acompañar a estas empresas que confían no noso equipo para a introdución de cambios no seo da organización e melloras nas condicións de traballo do seu cadro de persoal, de maneira que a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes sexa real e efectiva.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602