+Cultura Inclusiva Horizonte 2030: seguimos avanzando na elaboración do Plan
16/07/26
Tras a primeira fase de consulta ás entidades e organizacións representativas dos ámbitos da cultura, da discapacidade, da inclusión social e doutras realidades vinculadas á vulnerabilidade ou ao risco de exclusión cultural, o proceso de elaboración de +Cultura Inclusiva Horizonte 2030. Plan de accesibilidade e de inclusión cultural de Galicia continúa avanzando coa celebración das mesas de traballo presenciais.
Estas sesións permitiron reunir representantes dos distintos sectores implicados para presentar a síntese das achegas recollidas durante a fase de consulta, contrastar os ámbitos estratéxicos identificados e priorizar as actuacións que deberán orientar a elaboración do futuro Plan.
A participación activa das entidades volveu ser un elemento esencial nesta nova fase do proceso e favoreceu o intercambio de coñecemento, a reflexión compartida e a construción dunha visión común sobre os principais retos e as prioridades para avanzar cara a unha cultura máis inclusiva e accesible en Galicia.
Desde Retnova continuamos prestando asistencia técnica neste proceso impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, coa satisfacción de seguir contribuíndo ao deseño dun instrumento estratéxico baseado no diálogo, na participación e no compromiso cos principios de igualdade de oportunidades, accesibilidade e inclusión cultural.
604 078 903
