28/06/22
Hoxe como cada 28 de xuño, conmemórase o Día Internacional do Orgullo LGTBQI+ e dende RETNOVA unímonos ás reivindicacións e reclamamos respecto e liberdade.
O noso equipo sigue traballando para contribuír á igualdade, á inclusión e ao respecto de todas as persoas e identidades e actuando ante as violencias LGTBfóbicas. Realizamos talleres en centros educativos, grupos de mulleres e outros colectivos, nos que fomentamos a igualdade e a vida libre de estereotipos e mandatos sociais.
Ademais das accións presenciais, máis recentemente, no marco da campaña COMPigual (COMPostela pola IGUALdade de xénero), remitimos ao profesorado un dossier no que contextualizamos a conmemoración e incluímos recursos e ferramentas para traballar co alumnado. Confiamos en que co traballo nas aulas contribuiremos a acadar unha sociedade libre, igualitaria e respectuosa.
Cremos na igualdade efectiva de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual ou identidade de xénero e celebramos o orgullo de ser quen somos.
Compartir en
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021