descripcion de imagen

Día Internacional da Muller

08/03/25

Hoxe, 8 de marzo, conmemoramos os logros históricos acadados en prol dunha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de discriminacións e rendemos tributo ás mulleres que, dende as súas distintas realidades, continúan construíndo un futuro mellor para todas.

A defensa dos dereitos das mulleres non debe limitarse a unha data, senón que debe ser un compromiso diario. Neste 8M lembramos as conquistas acadadas, pero tamén reflexionamos sobre os desafíos pendentes de superar. A igualdade salarial, a erradicación das violencias machistas, a presencia equilibrada das mulleres en postos de decisións, a brecha dixital de xénero, ou a conciliación corresponsable son só algúns exemplos dos retos que aínda temos por diante.

En Retnova sabemos que o cambio real require compromiso e accións concretas; por iso traballamos cada día, en colaboración con distintas administracións, organizacións sociais e empresas, para promover a igualdade de xénero en todos os ámbitos. A través de programas de apoderamento, buscamos fortalecer as capacidades e a participación das mulleres en diferentes contextos, deixamos tamén a nosa pegada nas novas xeracións cun gran abano de actividades,  aplicamos unha planificación estratéxica con perspectiva de xénero...

Fomentemos a igualdade de xénero, respectemos as diferenzas e construamos un futuro mellor para todas as persoas, no que as mulleres estean libres de situacións de desigualdade e de violencias polo feito de ser mulleres.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602

 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

MÁIS INFORMACIÓN