USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ 2023

28/06/23

O 28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+. Unha efeméride coa que lembrar os disturbios de Stonewall, como se coñecen as protestas e manifestacións que seguiron á redada policial na madrugada do 28 de xuño de 1969 no Stonewall Inn, un bar de Greenwich Village onde acudían persoas da comunidade LGTBIQ+.

Naquela época, este tipo de intervención policial era habitual nos Estados Unidos. A do Stonewall marcou un antes e un despois pola resposta que recibiu, que serviu de detonante do movemento activista a prol dos dereitos das persoas de diversas sexualidades. Apenas un ano despois celebráronse as primeiras marchas do orgullo gay en Nova York e Los Ángeles, destacando a importancia desta data.

A celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ mantense como un recordatorio de que a situación das persoas destes colectivos está lonxe de normalizarse. Segundo datos das Nacións Unidas, nuns 77 países existen leis discriminatorias contra as persoas LGBTIQ+, que castigan con diversas penas, incluso cárcere, as relacións privadas consensuadas. En polo menos cinco países poden supoñerlles condena a pena de morte.

Mesmo en países como España, cunha lexislación pioneira a favor das persoas LGTBIQ+, persisten os estereotipos e a discriminación. O estudo do Proxecto Europeo Avanzando na xestión da diversidade LGBT+ no sector público e privado (ADIM), elaborado pola Universidad Complutense de Madrid co Ministerio de Igualdad de España e a Comissão para a Cidadanía e Igualdade de Género de Portugal, revela que só o 28% das persoas destes grupos son abertamente visibles como persoas LGBT no traballo. Case a mesma porcentaxe, o 26%, segue "dentro do armario", segundo o informe. O resto corresponden a persoas LGBT que son visibles con parte dos seus compañeiros e das súas compañeiras: así, o 72% de participantes no estudo manifestaron que non podían expresar libremente a súa sexualidade no traballo por temor ás reaccións.

En Retnova reafirmamos o noso compromiso coa igualdade efectiva entre todas as persoas, independentemente da súa orientación ou identidade sexual. Un compromiso que canalizamos en accións como o desenvolvemento de material didáctico e divulgativo, obradoiros en centros educativos ou con grupos de mulleres e outros colectivos. Ademais do recoñecemento en datas destacadas, como este 28 de xuño, é co traballo continuo co que queremos promover unha sociedade plenamente xusta e igualitaria.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602