USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

28/06/21

Hoxe, como cada 28 de xuño, conmemórase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. Neste día, non só se lembran os avances logrados na consecución da igualdade efectiva de todas as persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero, senón que tamén se reivindican os dereitos que aínda están por conseguir.

Neste mesmo día de 1969, os “disturbios de Stonewall” en Estados Unidos, marcaron o comezo do movemento internacional pola defensa dos dereitos do colectivo. Esta foi a primeira ocasión na que as persoas LGTBI se uniron para loitar polos seus dereitos e poñer fin á persecución da homosexualidade. Non obstante, aínda hoxe en día, en moitos países do mundo, perséguese e criminalízase a diversidade sexual.

Alcanzar unha sociedade libre, igualitaria e respectuosa, non só depende das persoas que o reivindican, senón tamén dos gobernos e das políticas públicas, así como da nosa responsabilidade individual e colectiva como sociedade.

En ReTnova seguimos traballando para contribuír á igualdade, inclusión e respecto de todas as persoas e identidades. Neste sentido, no marco da campaña COMPigual (COMPostela pola IGUALdade de xénero), que estamos levando a cabo para o Concello de Santiago, remitimos aos centros educativos composteláns un dossier para o profesorado que, ademais de contextualizar esta conmemoración, inclúe propostas audiovisuais para poder traballar na aula e un breve glosario coa terminoloxía máis relevante neste eido.

Confiamos en que coa posta en marcha deste recurso nas aulas, contribuiremos a acadar unha sociedade libre, igualitaria e respectuosa.

 

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602