18/11/25
A educación en igualdade e o pensamento crítico seguen no centro da nosa actividade. Nestes días realizamos varias intervencións adaptadas ás necesidades do alumnado segundo o seu momento vital, a través do fomento da participación activa, da reflexión e da creación de espazos seguros para aprender e compartir.
Así, por exemplo, o Concello de Melide contou con RETNOVA para desenvolver obradoiros nas Escolas Infantís destinados a fomentar a liberdade de elección e unha mirada igualitaria desde as primeiras etapas da vida. A implicación das nenas e dos nenos amosou o valor de ofrecer espazos nos que poder explorar ideas, expresar sentimentos e cuestionar estereotipos con naturalidade.
Tamén a ANPA Carboeiro, do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés, encomendounos a impartición de obradoiros para o alumnado de primaria centrados na identificación de estereotipos e na reflexión sobre a igualdade, así como na adquisición de criterios para un uso seguro e consciente das redes sociais. O entusiasmo e a curiosidade da rapazada evidenciaron a importancia de abordar estes temas de forma continuada.
Moitas grazas ao Concello de Melide e á ANPA Carboeiro pola confianza depositada en RETNOVA un ano máis.
Seguimos impulsando experiencias que fortalecen a igualdade, a reflexión e o respecto no ámbito educativo!
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2025