USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Empoderamento feminino a través da creatividade

01/09/21

Onte, o equipo de ReTnova trasladouse novamente ata o concello de As Pontes para levar a cabo a segunda sesión do taller de empoderamento a través da creatividade dirixido a mulleres.

Nela, levamos a cabo dinámicas corporais nas que traballamos coa liberación de tensións, revitalización, expresividade e a liberación das emocións. Así, a través da cohesión grupal, creamos un espazo no que as mulleres puideron reencontrarse co seu potencial.

Ademais, participaron tamén en exercicios pictóricos para axudarlles o recoñecer o valioso do feminino e o masculino en si mesmas.

Neste taller, as participantes comparten as súas experiencias nun ambiente seguro, facilitando a aprendizaxe mutua, transcendendo medos e vencendo retos grazas ao vínculo de sororidade que se crea entre elas.

Mañá clausuraremos este proxecto, e non podemos estar máis agradecidas pola oportunidade brindada ao noso equipo para formar parte del!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602