USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Entrega de premios concurso Tiktoksenviolencias

26/11/21

O concurso TIKTOKSENVIOLENCIAS, impulsando polo Concello de Sanxenxo, chegou ao seu fin e onte tivo lugar o acto de entrega de premios.

Neste acto, enmarcado na celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, visualizáronse os tres vídeos gañadores e unha peza audiovisual que aglutinaba todos os vídeos participantes no concurso.

O equipo RETNOVA estivo traballando neste proxecto dous meses a través de sesións formativas en materia de igualdade e prevención de violencia de xénero e informativas sobre o concurso nos centros educativos de secundaria; e tamén en contacto co movemento asociativo.

Dende RETNOVA, ademais de trasladar o noso agradecemento ao Concello de Sanxenxo por encomendarnos o organización deste concurso, queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron, aos centros educativos e asociacións pola súa implicación.

Estamos moi contentas polo compromiso amosado coa elaboración de todos os vídeos. PARABÉNS!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602