USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

ESTUDOS E INVESTIGACIÓNS SOCIAIS

15/09/22

En RETNOVA realizamos estudos de investigación que permiten coñecer a realidade social e facilitar a toma de decisións, a planificación e a intervención.

Contamos cunha sólida traxectoria na realización de estudos e investigacións sociolóxicas en áreas como a igualdade de xénero, os servizos sociais, o emprego, a inserción laboral, a saúde ou a opinión pública, entre outras.

Ofrecemos os nosos servizos en todas as fases da investigación: desde o deseño e o traballo de campo ata a análise dos resultados. Para iso utilizamos unha variedade de técnicas e métodos de investigación de corte cuantitativo e cualitativo, como as enquisas, as explotacións estatísticas, as entrevistas ou os grupos de discusión, que sempre adaptamos ás necesidades de cada proxecto.

Actualmente estamos levando a cabo un estudo sobre os tempos de traballo en diferentes actividades económicas e agardamos compartir os resultados proximamente.

Queremos agradecer ás moitas institucións, entidades e empresas a súa confianza nos nosos servizos de investigación social.

Investigar é crear novo coñecemento.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602