USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Finalizamos a formación en liña co profesorado

31/05/21

Recentemente demos por finalizado o curso “Abordaxe da violencia de xénero dende o ámbito educativo”, correspondente á edición 2021.

Esta formación, inserida no marco de accións formativas da Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA), en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, ten como finalidade formar ao persoal docente para favorecer unha mellora do seu labor educativo, en clave de igualdade de xénero, como medio de prevención eficaz da violencia exercida contra as mulleres.

A través dos catro módulos que conforman esta acción formativa contribuímos á mellora das competencias profesionais do profesorado para responder aos retos educativos actuais nunha situación complexa e en constante cambio que busca ser cada vez máis xusta e igualitaria.

Queremos dar as grazas as ao profesorado participante pola súa implicación e interese durante o curso, ao CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) e á Secretaría Xeral da Igualdade e por confiar un ano máis en ReTnova.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602