12/07/22
Como cada ano, en RETNOVA titorizamos diversos cursos impartidos a través da aula virtual da Escola Galega de Administracion Pública.
Recentemente, demos por finalizado o primeiro semestre de formación no que titorizamos un total de oito cursos de diversas temáticas: “Acompañamento social e apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero”, “Ciberviolencias sexistas, “O enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos”, ”Formación básica en materia de violencia de xénero” e “Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social”.
Moitas grazas á EGAP e a todo o alumnado que participou nos cursos durante estes meses de formación.
Unha vez mais, é un pracer contribuír á mellorar a formación do persoal da administración pública. Esta formación, ademais de ampliar os seus coñecementos para o seu desenvolvemento profesional e persoal, contribúe a acadar entre todas e todos unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Grazas!
Compartir en
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021