USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Finalizamos o taller de empoderamento coas mulleres pontesas

06/09/21

Comezamos a semana moi contentas logo da clausura do taller de empoderamento dirixido a mulleres que realizamos no concello de As Pontes. Ademais, nesta clausura contamos coa presenza de Tania Pardo, Concelleira de Igualdade.

A metodoloxía, baseada en técnicas creativas, foi participativa e vivencial e, xunto co traballo en grupos reducidos, permitiu crear un clima de confianza e respecto. Nestas sesións levamos a cabo dinámicas e xogos nas que as mulleres aprenderon experimentando, divertíndose e entendendo a relación de corpo, mente e espírito. Isto, permitiu tamén traballar de maneira interactiva e construtiva aspectos como as emocións ou a valoración persoal.

As mulleres participantes lograron o obxectivo de conectar coa súa propia identidade e de desenvolver o autocoñemento, o seu potencial e as súas habilidades persoais.

O éxito deste taller reflíctese na evolución experimentada polas mulleres dende o inicio ata o final deste; elas mesmas tomaron consciencia desta evolución que lles  axudou a construír novos obxectivos, retos, soños e aspiracións.

Dende ReTnova reiteramos o noso enorme agradecemento ás mulleres e ao Concello por facernos partícipes deste proxecto!   

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602