USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Fomentando a igualdade no sector náutico-pesqueiro

14/12/21

Como anunciabamos hai uns días, RETNOVA estivo impartindo un curso sobre perspectiva de xénero na formación marítimo pesqueira dirixido ao profesorado de Formación profesional para o emprego e profesorado de formación profesional que imparte formación relacionada con este sector.

Puxemos fin á dita  formación, na que traballamos os conceptos básicos sobre igualdade e transversalidade de xénero e profundamos en prácticas co-educativas e de utilidade para o persoal docente. Desta maneira, contribuímos a que os ambientes laborais náutico-pesqueiros sexan espazos máis igualitarios e libres de violencia contra as mulleres.

O equipo de RETNOVA quere agradecer e destacar o interese que todo o alumnado mostrou ao longo do curso. A súa motivación e capacidade crítica posibilitou que se levaran a cabo debates moi enriquecedores.

Moitas grazas de novo á Consellería do Mar e ao Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo por confiar no noso equipo.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602