USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Formación inicial en igualdade

20/12/22

O Centro Autonómico de Formación en Innovación da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, encargado do deseño das accións da formación permanente do profesorado, confiou no equipo de RETNOVA para titorizar a 2ª quenda do curso “Formación inicial en igualdade para funcionariado en prácticas” neste último trimestre do ano.

Este curso consistiu nunha formación en liña, a través da Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA), sobre conceptos básicos, lexislación en materia de igualdade, políticas públicas, violencia de xénero e coeducación.

Damos as grazas a todo o profesorado participante nesta quenda pola súa implicación. Confiamos en que, tras a formación recibida, sexan quen de desenvolver o seu labor docente e orientador con maior consciencia da necesidade de aplicar a perspectiva de xénero.

Rematamos así o noso labor de titorización en liña neste ano 2022 no que formamos a profesorado, persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional, das entidades locais, da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos das Universidades galegas.

Agradecidas por todas as oportunidades que nos foron brindadas durante este ano e ilusionadas polos novos proxectos formativos que nos deparan!

Grazas!

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602