descripcion de imagen

Formación para a Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP

29/04/25

Recentemente comezamos o curso "Ciberviolencias sexistas” no marco do plan de formación da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Esta acción formativa desenvólvese en modalidade mixta, combinando a formación en liña con sesións telepresenciais e presenciais, o que permitirá afondar nos coñecementos e fomentar o intercambio de experiencias entre o alumnado.

Nela, logo dunha contextualización conceptual, normativa e programática que permitirá enmarcar os contidos, profundarase nas distintas formas que pode adoptar a violencia de xénero nos espazos dixitais. Abordaranse temas como o ciberacoso, a sextorsión, a difusión non consentida de contidos íntimos, a violencia simbólica ou as violencias cómplices, entre outras, e analizarase como estas prácticas afectan as mulleres.

O obxectivo principal é dotar ao alumnado (profesionais dos corpos e forzas de seguridade e de emerxencias) das ferramentas necesarias para recoñecer, previr e actuar fronte ás ciberviolencias sexistas.

Grazas á AGASP por confiar en Retnova na súa aposta pola formación en materia de igualdade e prevención das violencias machistas.

 

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602

 

USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

MÁIS INFORMACIÓN